Monday 29 de April de 2024

Cruz Vermella Ordes impartirá un curso de primeiros auxilios para bebés e infancia


Terá lugar a principios de abril e está especialmente dirixido a pais, nais, titores, mestres, coidadores ocasionais e monitores/as

Cruz Vermella Ordes ten previsto para os vindeiros 1 e 2 abrir a celebración do Curso de primeiros auxilios para bebés e infancia. As sesións terán lugar no mesmo municipio ordense nun horario que vai de 16 a 21 horas o venres e de 9 a 14 horas o sábado.

Dentro da poboación xeral, este curso diríxese dunha maneira máis específica a pais, nais, titores/as, mestres/as, coidadores/as ocasionais e monitores/as. A xente interesada pode inscribirse na asemblea da Cruz Vermella en Ordes, situada nos baixos da Alameda (luns a venres de 10 a 14.30 horas e mércores e venres de 15.30 a 18.30 horas). Tamén a través do enlace: http://formacion.cruzvermella.org/curso/ppaa-bebes-ordes-abril/

Como obxectivos principais desta iniciativa están o de proporcionar os coñecementos máis elementais para previr accidentes, aplicar procedementos e técnicas adecuadas en autoprotección e soporte aos primeiros auxilios, ademais da identificación e resolución de situacións de urxencia vital.
En total, serán dez horas de formación, cun prezo de 55 €. Tamén haberá descontos para persoas en desemprego, voluntariado e outros colectivos.
Para máis información están dispoñibles os teléfonos 981216497 e 670261201. Tamén se poden facer consultas a través do correo electrónico cruzrojaordes@cruzroja.es.